sábado, 29 de decembro de 2007

venres, 21 de decembro de 2007

2008 ano OUlímpico

A fervenza de ouzande declara o 2008 como ano OUlímpico. Para celebralo aí tedes o almanaque que publicamos e que podes conseguir de balde na taberna de ouzande ou pedíndollo a algún fervenciño ou fervenciña. No verán terán lugar os "II Xogos Oulímpicos da nosa Eira". E que vaian aprendendo en Pekín

luns, 3 de decembro de 2007

carreiros 6


A AC A Fervenza de Ouzande publica o sexto número da sua revista de difusión socio-cultural, CARREIROS, que por primeira vez se publica a toda cor.

Neste número comezamos unha serie que terá continuidade en posteriores edicións dedicada a investigación sobre os emigrantes ouzandeses noutras latitudes, baixo o título “Memoria da emigración”. Neste primeiro traballo inclúese un artigo sobre Manuel Cabanas, emigrante en Sao Paulo.

Investigación sobre a memoria da parroquia. A inauguración da traída de auga a comezo do década dos setenta.

Creación literaria: Colaboracións de Manuel Cabanas, emigrante ouzandés no Brasil, e do estradense Senén Campos Maceiras.

Publícase tamén a seguna parte da investigación do profesor Emilio Ínsua sobre “As campás na literatura galega”, que recolle o seu relatorio sobre o tema nas Xornadas sobre a Linguaxe das Campás, celebradas no mes de outubro de 2005 en Ouzande.

Outras seccións:
Cartas e colaboracións de lectores.

Memoria Fotográfica (celebracións populares nos anos 70)

Crónica de actividades, onde se recolle un resume das actividades levadas a cabo pola Asociación neste último ano. (Cursos, festas tradicionais, festival, etc.)

Cabe destacar que nesta edición o consello de redacción da revista veuse notablemente reforzado con tres novas incorporacións. Trátase de tres mozas da parroquia, cuxa presenza outorga, sen dúbida un impulso de continuidade ao proxecto. Estas son:
Sonia Chedas Camba
Laura Rosende Torres e
Noelia Bouzón Docampo
Xunto a elas conforman o equipo de traballo
Manuel Rosende Torres
Xabier Camba Sanmartín e
Rosa Herraiz Cabanas, encargada do deseño e maquetación

A revista pode adquirirse nos seguintes establecementos:
Taberna de Ouzande
Café A Farola
Copistaría Copistrada
Libraría Alberte Quiñoi

domingo, 25 de novembro de 2007

despedida do curso de cogomelos

Ao final animámonos e fomos ao monte....

limpamos o material e coa colleita...

preparamos unha riquísima cea na que imperou a camaradería e un ambiente moi bo.
Volveremos vernos pronto.










luns, 19 de novembro de 2007

comezo do curso de cogomelos



Ai quedan unhas imaxes do inicio do curso, hoxe luns 23. A pesar da chuvia, e por fin, aí estaban puntuais as persoas inscritas. Seguramente se fará unha saída ao monte. Seguiremos informando

luns, 12 de novembro de 2007

aviso curso cogomelos

Por problemas organizativos de última hora, vémonos obrigados a aprazar o curso de cogomelos que estaba previsto para os días 12 a 16 de novembro.
As datas definitivas serán: do 19 ao 23 de novembro.
Aínda queda algunha praza libre.
Inscríbete acompañando o nº do dni en carreirosouzande@gmail.com

PECHADA A INSCRICIÓN.
A día 13 de novembro pechamos a inscrición ao completarseo tope de 25 persoas que temos asignado para o curso.

xoves, 8 de novembro de 2007

festadoutono 07

CASTAÑAS+CABAZOS

Este ano celebraremos de novo a festa das castañas á que se sumará o Obradoiro de Cabazos creativos.A actividade terá lugar o próximo sábado 10 de novembro a partir das 5 da tarde. Pretendemos que sexa unha festa para todas as idades, para o cal temos as seguintes propostas:

Obradoiro de cabazos creativos. A partir das 5 da tarde. Dirixido a rapaces e rapazas, pero tamén pode participar calquera persoa que o desexe. Consiste na elaboración de figuras(caras ou o que se queira) utilizando os cabazos ou cabazas como material. Recomendamos traer cunchas de vieira para vacialos mellor.

Asado de castañas. A partir das 19:30. Como sempre pedímosvos que traiades unhas poucas para así podelas asar e compartir entre todos.

Música, viño e festa. A Asociación pon o viño para todos. Tamén haberá festa a que se queira. Quen teña, que traia o seu instrumento musical.

venres, 26 de outubro de 2007

en outono, cogomelos

Aínda que o clima é un poco adverso pola escaseza de chuvia, chegou o tempo de ir ao monte aos cogomelos (foncho, fungo, pan de cobra, pan de curuxa, pan de meiga, pan de raposo, pan de sapo, pan do cego, pan do demo, pan do lobo, sombreiro de sapo...)
Se queres saber todo sobre eles, a Fervenza organiza un curso no mes de novembro.

datas: do 12 ao 16 de novembro
hora: 20.30
lugar: local social do campo da festa de Ouzande
inscrición: na taberna de Ouzande ou en carreirosouzande@gmail.com
(é necesario achegar unha copia do dni)

O curso é de balde e as prazas son limitadas.

domingo, 7 de outubro de 2007

horarios das clases de música e baile



Os horarios definitivos son os seguintes:
GAITA
venres ás 20.30 ou sábados ás 11.30
PANDEIRETA
sábados ás 16.00 (perfeccionamento)
sábados ás 18.00 (iniciación)
BAILE
sábados ás 17.00

As clases terán lugar no local social do campo da festa de Ouzande e darán comezo o venres 12 e sábado 13 de outubro.

estamos na rede



A AC A Fervenza de Ouzande naceu en 2001 para tratar de dinamizar a vida sociocultural da aldea. Hoxe estreámonos na rede. Pouco a pouco iremos informando das nosas actividades e contándoche a nosa historia.